A tempestade e a calma
Onte saquei esta foto preto da praia de Samil, polo serán, antes da posta de sol. Un forte vento percorría toda a cidade, picando o mar e arrastrando ata o asfalto as polas dos piñeiros. Pola noite voltei a Samil cuns amigos. A praia xa estaba en calma, e a pesar do frío o ambente era agradable. Os momentos de tranquilidade chegan cando un menos os agarda, e quizáis cando máis fan falla.
<< Home