Túnel
Saquei esta foto o 21 de xaneiro, dentro do túnel que percorre a zona baixa de Vigo, dende Sanxurxo Badía ata o Berbés. Cando non me toca conducir, góstame mirar para os lados e ve-las liñas das paredes pasando rápidamente, cunhas cores laranxas que lle dan un aspecto cálido a un espazo tan deshumanizado, triste e descoidado. En fin, que non se diga: pódese atopar beleza incluso nisto.
<< Home