contando estrelas

contando estrelas | blog de Elentir | 2006

sábado, febrero 11, 2006

Baiona

Saquei esta foto o 19 de decembro do ano pasado, en Baiona. É unha vila que me encanta. En outono e inverno, cando cae a noite, as rúas de pedra se chean de cálidas luces que sumerxen en maxia os rastros valeiros e fríos do que en verán é un ir e vir constante de xente. Teño moitas lembrazas vencelladas a este fermoso lugar e ó seu impresionante castelo, rodeado polas furiosas ondas da Ría. Espero poder seguir indo a pasear por esta xoia do Atlántico moitos anos máis, se Deus quere, claro.