contando estrelas

contando estrelas | blog de Elentir | 2006

viernes, marzo 03, 2006

Madrid

Neve, moita neve. Nunca imaxinei que atoparía tanta neve na capital do reino, á que fun de visita aproveitando que ía á manifestación da Asociación de Víctimas do Terrorismo. Esta foto saqueina de noite, preto da vella estación de Príncipe Pío, hoxe convertida en "intercambiador". Madrid é unha cidade triste para alguén acostumado á relativa tranquilidade das Rías Baixas. A abundante contaminación, a falta de humidade, as presas, as interminables obras, en fin, por momento tiña ganas por marchar. Mais pola noite, cando case tódalas cidades están en calma -incluso Madrid-, un pode disfrutar de instantes (ou de instantáneas) como o que deixa ve-la foto, chea de tranquilidade, de color e de vida. En fin, adeus tranquilidade, pola parte que me toca.