contando estrelas

contando estrelas | blog de Elentir | 2006

miércoles, mayo 17, 2006

O BNG e a nazificación de Galicia

O Vicepresidente da Xunta de Galicia e líder do BNG, Anxo Quintana, está a poñer en marcha una "Rede Galega de Escolas Infantís", unha especie de garderías con enfoque político baixo o lema "calidade, identidade e compromiso de país". As semellanzas coas ikastolas vascas son máis que evidentes, ata no nome elixido por Quintana para denominar a estes centros: galescolas. Así, o que Quintana quere facer é "educar en galego e para os galegos e as galegas do século XXI". Ou, o que é o mesmo, desalfabetizar ós nenos galegos no que ó idioma castelán se refire, impoñendo como única opción a lingua galega.

Collo esta noticia como punto para a reflexión ante a festa que celebramos hoxe en Galicia, o Día das Letras Galegas. Estase a impoñer a tódolos cidadáns desde a esfera política unha visión excluinte de Galicia, que pasa por erradicar da vida pública, sobre todo das institucións públicas, da toponimia, do ensino e da maioría dos ámbitos autonómicos (entre eles, a TVG e a Radio Galega) todo rastro da presenza do castelán en Galicia.

Para que nos fagamos unha idea da mentalidade que teñen os actuais gobernantes galegos basta con ler o estrafalario proxecto de Estatuto de Autonomía que ten preparado o BNG para Galicia. Unha mostra: "O galego é a lingua propia e oficial de Galiza. Todos os cidadáns e cidadás galegas teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo." É dicir, que o BNG pretende que os galegos teñamos a obriga de coñecer o galego, cousa que non di a Constitución Española. ¿Pretende convertirnos o BNG en cidadáns de segunda frente ós demáis españois? Semella que sí, porque isto é o que engade o proxecto de Estatuto do Bloque: "O castelán será co-oficial no territorio de Galiza." Non se cita nin o deber de coñecelo nin o dereito a usalo, que sí figuran na Constitución. ¿Qué carallo é isto? ¿A qué clase de engano pretenden someter ós galegos estes xerifaltes bloqueiros?

Por se isto fose pouco, atención ó que di o texto: "Todos os funcionarios e traballadores ao seu servizo teñen a obriga de o usar no desempeño da súas funcións. O emprego do castelán realizarse a pedimento de parte." Vamos, que todos os funcionarios que traballen en Galicia estarán obrigados a falar en galego, e só poderán falar en castelán se algén llelo pide. Isto é de locos. Esta xente quere convertirnos nunha versión galega da Albania comunista. O máis pasmoso é que, despois de soltar tales cousas, o Estatuto do BNG diga que "Ningúen poderá sufrir discriminación por razón da lingua." ¿Cómo se poder ser tan cínico?

A cousa non acaba ahí. O BNG quere que o galego sexa "a lingua preferentemente utilizada pola Administración do Estado e demais entes estatais en Galiza na forma que ela mesma determine, polas demais institucións e, en xeral, polas empresas e entidades que oferecen servizos á cidadanía." Isto é levar o intervencionismo esquerdista e nacionalista a un extremo radicalmente totalitario: estes individuos están a dicirlle ás empresas privadas cal é o idioma que teñen que empregar. Surrealista. ¿Esta é a idea de democracia e de libertade que teñen no Bloque? Isto alo menos explica as súas simpatías con Fidel Castro. Polo visto, é o seu mestre no que se refire a vulneración de libertades

Ademáis, o BNG pretende que o galego sexa "a lingua oficial no ensino en todos os niveis educativos". En Galicia a maioría dos escolares son falantes de lingua castelá, pero iso ós do BNG impórtalles un pito. A eles os dereitos dos cidadáns lles traen sen coidado. O que eles queren é impoñernos a todos un proxecto de enxeñería social para facer de nós meras ferramentas da súa "construcción nacional". Outra vez queren someter á persoa frente ás arbitrariedades do poder político e subordinala ás ideas de nación que ten o BNG.

¿Qué cambiou en Galicia dende o franquismo, deixando a un lado o color dos que están no poder? Polo que semella, pouco é o que a cambiado. O BNG quere impoñe-lo galego con tanto ou máis desprezo polas libertades individuais do que tivo o franquismo cos galegofalantes. O que agora no podemos tolerar os galegos, despois de carenta anos de dictadura, é que os dinosaurios marxistas do BNG nos impoñan outra dictadura de cuño nacionalista. Iso nin de coña.