Eu son español e a miña única nación chámase España
Por se isto fose pouco, o antigo Xefe do Estado Maior do Exército (XEME), o xeneral na reserva Alfonso Pardo de Santayana, tivo o 'atrevimento' de brindar o pasado venres pola Unidade de España. Dirixentes do PSOE plantaron ó xeneral, debe ser que iso de brindar pola Unidade de España mentres Zapatero se empeña en desfacela non lles senta moi ben. Veño de enterarme, por certo, de que o xeneral tivo que pedir perdón por ese brindis. En fin, isto non é a "España plural" da que fala Zapatero, isto é unha España de tolos na que un só pode dicir o que recolle o libro de consignas dos socialistas, e na que os demáis temos que coller e calar.
Sirvan estas dúas noticias para dicir que estou farto. Son galego, entre os meus antergos hai galegos de varias xeracións, non acepto leccións de galeguidade de ningún fanático bloqueiro. Mais por enriba de galego, eu son español e a miña única nación chámase España. Non vou tolerar que os socialistas e os bloqueiros me impoñan como doctrina oficial os dogmas ideolóxicos do nacionalismo, como os está a impoñer o PSC en Cataluña ata o punto de que os militares xa nin sequera poden brindar por algo tan elemental como é a Unidade de España. Non vou tolerar que os meus fillos, o día que os teña, crezan nunha terra na que non posúan liberdade para pensar pola súa conta sen que ningún comisario nacionalista lles impoña as súas miasmas políticas. E se para isto hai que loitar, que non dubiden que moitos galegos loitaremos.
<< Home