Treboada sobre Vigo
Onte pola noite tivemos sobre Vigo unha das maiores treboadas que lembro na miña vida, tal vez non pola forza dos tronos, pero si pola frecuencia dos raios. Nunca os vira tan seguidos, e con descargas tan visibles sobre a cidade, foi espectacular. Recoñezo que a min encántanme as treboadas, é un fenómeno da natureza que chama moito a miña curiosidade e que me apaixoa.
A imaxe que aparece sobre estas liñas saqueina de madrugaba, aínda que pareza mentira. O ceo aparece iluminado de azul pola luz do relámpago, e arriba á esquerda pódese ver con claridade a descarga do raio. Como dixen, onte foron tan seguidos que foi máis sinxelo que de costume poder sacar unha foto da treboada.
<< Home