Beannachtam na Femle Padraig!
O como se di nestas latitudes, ¡feliz día de San Patricio! Hoxe é o día do santo evanxelizador de Irlanda. Tiña o costume de celebralo cos meus amigos nunha taberna irlandesa de Vigo, pero como eles están un pouco lonxe e a taberna pechou fai algúns anos, polo menos teño a ben lembrar a figura do patrono do Eire dende este humilde blog. Espero que algún día os irlandeses poidan celebrar esta data por fin xuntos, sen a vergoña colonial británica do Ulster.
<< Home