contando estrelas

contando estrelas | blog de Elentir | 2006

miércoles, marzo 15, 2006

Primavera

Xa chega a primavera. Empeza a facer calor, o ceo está despexado e os días lle sacan ventaxa á noite. É unha época alegre, que nos achega ó verán e deixa atrás os días de frío e choiva. Lémbrome de moitas primaveras pasadas, pero quizáis o mellor deste momento sexa o que está por vir, máis que o que ficou atrás.