Posta de sol en Canido
Saquei esta foto este domingo en Canido, unha parroquia ó Sur de Vigo que ten unha fermosa vista das Illas Cíes. Esta fin de semana fixo unha calor moi pouco corrente por Galicia, onte tiñamos temperaturas de 31 graos á sombra a iso das oito e media do serán. Semella que, a este paso, imos ter unha boa treboada en canto o ceo empece a cubrirse un pouco...
<< Home