Noite de San Xoán
A de hoxe é unha das noites máxicas do ano, polo menos en Galicia. Aquí celébrase a noite de San Xoán con fogueiras nas praias e nas parroquias rurais. Como Vigo ten todavía moito de aldea, aínda se poden atopar na cidade unhas cantas. Esta foto saqueina hai unha hora na igrexiña que hai xunto á praia de O Vao, en Coruxo, unha das parroquias meridionais de Vigo. Había moita festa, son de gaitas (grabado, todo hai que dicilo) e moita borracheira... ¡Feliz noite de San Xoán!
<< Home