Gaivotas
Esta foto saqueina o pasado sábado a iso das nove e carto do anoitecer, preto da vía férrea que atravesa a cidade, paralela á Travesía de Vigo. Os pequenos puntiños que se ven no centro son gaivotas, non reparei nelas ata que me baixei a foto ó ordenador. Son capaces de voar moi alto, e seica é mellor así para elas, pois a miúdo, cando voan baixo a carón do porto, acaban os seus días entre as rodas dos coches... Ás veces, dende a fiestra, teño pensado cómo debe ser a vida dunha gaivota capaz de chegar tan arriba nos seus vos. Ver a Ría dende esa altura debe ser unha pasada. Non é un animal que me apaixoe, pois parécenme ratas con ás, mais cando as vexo planear, subindo e baixando sobre ondas de vento, non nego que me entra certa envexa.
<< Home