A noite medra
Eu nacín no outono, en pleno mes de novembro. Tal vez por iso sexa unha época do ano á que non me costa moito acostumarme. Non boto de menos a calor do verán, e a choiva tampouco me desagrada, toléroa ben (cousa de ser galego, supoño). Mais hai unha cousa que sí añoro do verán que remata: a luz. O feito de que a noite medre e o día se faga tan breve paréceme un pouco triste. Ás veces síntome coma unha pranta e sei que me fai falla a luz. En fin, é o único que detesto do outono e do inverno. ¡Máis luz, por favor!
<< Home