A noite
Esta foto saqueina na praia de Canido hai dúas semás. O día despedíase para dar paso á noite. Agora, mentres escribo estas liñas, a noite percorre os seus derradeiros pasos para devolver o trono do ceo ó seu luminoso compañeiro. De certo xeito, estou acostumándome á noite. Para min é sinónimo de soidade, de silencio, de calma, de reflexión, de todas esas cousas que fanse pouco máis que imposibles pola mañá e ata que cae de novo o sol no horizonte. Nestes días de axitación, de nervios, de traballo, de tempo que se me escorre das mans coma un peixe incapaz de estarse quedo, a noite é coma un paréntesis no que respirar e descansar, aínda que non sexa durmindo. Eu necesito a luz, ás veces síntome coma unha pranta, mais a noite, mentres todo o mundo durme, é un tempo do que non podería prescindir nin aínda que fose a cambio dos soños.
<< Home