O camiño segue e segue
-¡Que teña coidado! Dácheme o mesmo. ¡Non te preocupes por min! Agora síntome máis feliz ca nunca, e iso é o que importa. Pero chegou o momento. Por fin marcho -engadiu.
E entón, con voz baixa, como para si mesmo, cantou docemente na escuridade:
O camiño segue e segue desde a porta, onde comeza. Agora o camiño foise lonxe, e debo seguilo, se podo, percorréndoo con pé lixeiro, ata que se xunte cun camiño meirande onde conflúen carreiros e sendas. ¿E a onde irei despois? Non o sei.(J.R.R. Tolkien, "O Señor dos Aneis I. A Irmandade do Anel" - Capítulo 1)
<< Home