O Celtiña volta á Primeira
Ben, xa sei, ¿qué pasa? A min esto de que vintedous tíos se pasen hora e media dando patadas a unha pelota sobre un campo de herba como que nunca me atraeu gran cousa. Gran cousa non: recoñezo que o fútbol tráeme absolutamente sen coidado. Pero acábome de enterar de que o Celtiña volta á Primeira División, e como un é de Vigo, pois ¡qué carallo! Alédome moito, sí señor.
A ver si alo menos os xogadores deixan de tira-los cartos en Charme e nas discotecas máis pixas da ciudade, e espabilan e non dan outro ano de infarto a tódolos forofos que teñen por acá, que son moitos e non gañan para sustos, pobriños.
<< Home